Wandering

Non se me ocorre mellor xeito de probar novo equipo que facelo tendo diante a xente á que se quere e que, ademais, soa así de ben… #OrgulloDeColegas #FamiliaCuir #Ifuckingloverecordingediting

Podedes velos no seu instagram… @gaeldepapel ou no https://www.youtube.com/@gaelmartins6413

Sinto reiterar pero é que… realmente foi un orgullo poder poñer voz a un manifesto conxunto tan lindo, por riba de todo porque detrás del están as persoas de Avante Lugo, ás que quero e respecto, ás que sinto tamén familia.

(more…)

Aquilo que foi acabará por devir nos alicerces do que veña, por máis que neste blog se esvaecera para deixar un espazo físico -alén do que non pode se transformar en cinzas-.

Estes anos pasados serán -son- os cimentos da miña persoa e non me podo sentir máis agradecida á vida, e a quen a viviu a meu carón os derradeiros doce. Recréome na ledicia do amor, do respecto e os coidados mutuos, da reciprocidade que sei fundamento do propio. Agora que o soñado foi vivido e os novos soños van atopando os ocos permeables da pel,  atopo os desexos da incerteza. O que é hoxe da comezo ao que será mañá.

(more…)