Un 8M transfeminista

Un 8M transfeminista

(Vídeo abaixo)

Ilumínanos o escintilo de todo un ano de activismo a prol dos dereitos humanos.
Xuntámonos para festexar que estamos orgulloses -nas nosas revolucións, quen quere, baila-. Para reivindicar que somos diverses -nas nosas revolucións, quen queren, dialogan-. Xuntámonos para pular pola igualdade dende a forza da nosa existencia -tan diversa-. 
Non nos esquecemos de ningunhe malia que non es poidamos nomear a todes… porque somos a forza inconmensurable do auténtico. 
Non esquecemos de onde -nin de quen vimos-. Somos o que foron. Somos, tamén, o que serán. E se hai quen avoga por unha soa cor, nós seguiremos a tecer en plural… en coreS.


Sabemos como se fai. Tecemos redes entre todas e cada unha das persoas que cuestionan -que cuestionamos- as imposicións dende o hexemónico. Dende o Normal, o normativo. Dende o cisheteropatriarcado.
Aproveitamos o 8 de marzo para lembrármonos que non imos deixar a ninguén nas marxes… ningún outro día do ano… tampouco hoxe. Ante ningunha violencia, tampouco ante ningún silencio.
En todo caso, enchemos esas marxes coas nosas existencias críticas e orgullosas. Fronte aos odios, as nosas vidas.
Porque xuntes, no percutir dos nosos latexos… Somos futuro. Estamos presentes. Que resoen as nosas vidas!