Blog
2
blog,bridge-core-1.0.6,language-en,,qode-theme-ver-18.2,qode-theme-bridge,disabled_footer_top,qode_advanced_footer_responsive_768,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.0.5,vc_responsive

Blog

(Vídeo abaixo)

Ilumínanos o escintilo de todo un ano de activismo a prol dos dereitos humanos.
Xuntámonos para festexar que estamos orgulloses -nas nosas revolucións, quen quere, baila-. Para reivindicar que somos diverses -nas nosas revolucións, quen queren, dialogan-. Xuntámonos para pular pola igualdade dende a forza da nosa existencia -tan diversa-. 
Non nos esquecemos de ningunhe malia que non es poidamos nomear a todes… porque somos a forza inconmensurable do auténtico. 
Non esquecemos de onde -nin de quen vimos-. Somos o que foron. Somos, tamén, o que serán. E se hai quen avoga por unha soa cor, nós seguiremos a tecer en plural… en coreS.

(more…)

Gravo-edito algúns vídeos para accións do BDS Galiza, podédelos ver nas súas redes.

BDS (Boicot, Desinvestimento e Sancións) é un movemento xurdido en 2005 que, como as súas propias siglas sinalan, ten por obxectivo o total boicot económico, político e cultural das institucións israelís, xa sexa contra empresas do país e que colaboran abertamente co seu exército e goberno ou mesmo personalidades que se mostran favorables a eles.

(more…)

Non se me ocorre mellor xeito de probar novo equipo que facelo tendo diante a xente á que se quere e que, ademais, soa así de ben… #OrgulloDeColegas #FamiliaCuir #Ifuckingloverecordingediting

Podedes velos no seu instagram… @gaeldepapel ou no https://www.youtube.com/@gaelmartins6413

Sinto reiterar pero é que… realmente foi un orgullo poder poñer voz a un manifesto conxunto tan lindo, por riba de todo porque detrás del están as persoas de Avante Lugo, ás que quero e respecto, ás que sinto tamén familia.

(more…)

Esta fin de semana tiven a sorte de poder participar nestas Xornadas organizadas por LesCoruña e o Concello de A Coruña. Compartir espazo con Paco Tomás, Fernanda Tabarés e Antonio Hernández… ben, foi un luxo . Agradecida por elo, e consciente do meu papel nas marxes da creación audiovisual, só puiden prantexar a miña intervención dende a perspectiva de espectadora.

Contextualizando no espazo e no tempo, revisitando as olladas invisibles das que fala Alberto Mira, as edicións de vídeos fandom e os ‘shippeos’, pensando na miña eu adolescente, e no que fliparía se soubese que agora mesmo non son quen de nomear nin a metade dos títulos con personaxes LGBTQIA+.

VER MÁIS