(non specific english content)
Os obradoiros deste ano chegan cheos de actividades interactivas e xogos que salpican os percorridos poñendo a proba coñecementos adquiridos e capacidades deductivas. Porque o mellor xeito de aprender é pasalo ben!
O impacto e a repercusión recíproca da creación artística e o feminismo, as orixes deste na arte e a súa evolución dentro de sociedades heteropatriarcais. Algúns dos nomes femininos máis relevantes e, ao mesmo tempo, esquecidos pola historia oficial da arte.
O impacto e a repercusión recíproca da creación artística e o feminismo, as orixes deste na arte e a súa evolución dentro de sociedades heteropatriarcais. Algúns dos nomes femininos máis relevantes e, ao mesmo tempo, esquecidos pola historia oficial da arte.
Percorrido pola historia do cine, dende os primeiros pasos dos Lumière ata os últimos efectos dixitais, cunha relación constante entre a arte audiovisual e as belas artes clásicas. Visionado de fragmentos de máis de 50 obras e paradas visuais e sonoras en diversos exemplos das artes que inflúen reciprocamente neste ben chamado sétimo. Actividades interactivas e xogos que salpican o percorrido poñendo a proba coñecementos adquiridos e capacidades deductivas.
Introducción ós aspectos básicos da técnica e da estética a través da historia da fotografía, prestando especial atención ás historias creativas e sociais que se agochan tralas imaxes. Valoración cualitativa das fotografías e repaso dos nomes máis significantes da imaxe estática dende os seus inicios ata o emprego de técnicas actuais coma a fotografía HDR. Recreación en artistas concretas ás que nos achegar a partires de documentais alleos ou obras de videoarte como as de Cindy Sherman.
1 sesión – 165€ 2 sesións-285€ 3 sesións-365€ (IVE incluído)
Estes prezos reflicten sesións para un máximo de 60 alumnos.
Nas sesións con máis asistentes o prezo incrementarase en 5€ por cada 10 persoas.
Para máis información, pódeste poñer en contacto no 699635949
a través do correo-e: granxacinema @ gmail.com