Acerca de

2023

Con ‘Nun tempo de horta’ volvo participar no Festival de Málaga, desta volta na Sección Oficial Cinema Cocina, que se proxecta no Teatro Echegaray.
En Maio, xunto a Xácia Ceive estreo en Lugo o filme ‘Alex and Munchie: contra o cisheteropatriarcado’, que se proxecta noutros espazos galegos ao longo do ano. En Setembro estamos na Cinemateca de Madrid no festival Directed by Women e cara finais de ano no Festival de la Crítica Cinematográfica de Caracas.
Estréase o documental de edición ’15 anos pola igualdade’, un encargo para conmemorar o aniversario do Observatorio da Mariña pola Igualdade. Sigo vencellada á docencia a través de percorridos didácticos en torno á arte, o cine e as realidades cuir; así mesmo ás actividades da U.S.C., onde imparto o curso de Videocreación, no Campus de Compostela, e exerzo de xurado no V Certame de Videocreación, lanzado dende o Campus de Lugo.

 

2022

En Febreiro estréase a curtametraxe documental ‘Nun tempo de horta’ que, ao longo do ano, participa en festivais como o Seoul International Food Film Festival (SIFFF), o Festival de Cinema Ambiental Serra da Estrela ou na sección oficial do OUFF 27. Mentres tanto a longametraxe ‘Persoas S.A.’ continúa a se proxectar en diversos contextos e en varias celebracións do Orgullo en Galicia, até que en Outubro é finalmente liberado baixo unha licenza Creative Commons.

A novela ‘Estranxeiras’, á que lle foi concedido o II Premio Pinto e Maragota, é publicada por Xerais en Setembro, con algunhas presentacións e clubs de lectura até finais de ano. O contido da web segue a se renovar coas viñetas de ‘Tres. Canis non binaris’, outras ilustracións e algún poema. En Novembro participo ca peza ‘Camiñando’ na sección ofical do MARXE Festival Internacional de Videopoesía (Vigo, Famalicao). Acabo o ano impartindo un curso de Videocreación no Campus de Lugo e exercendo de xurado no IV Certame de Videocreación da U.S.C.

 

2021

Dende primeiros de ano o documental ‘Persoas S.A.’ proxéctase en diversos espazos físicos e dixitais, participando en numerosos festivais entre os que cómpre destacar a súa presenza no OUFF-Festival de Cine de Ourense. Durante as semanas de celebración do Orgullo proxéctase no CGAC de Compostela, no Ciclo de Cinema con Orgullo de A Coruña e noutros espazos de reivindicación e celebración.

‘Un día Normal’ vai rematando o seu percorrido antes de ser finalmente liberado baixo unha licenza Creative Commons, a nosa derradeira viaxe é ao BldeOtik no Azkuna Zentroa de Bilbo.

En novembro lánzase a campaña TransMedia, levada a cabo pola Asociación Arelas co apoio de Igualdade da Xunta, do Ministerio de Igualdad e co Pacto de Estado, e para o que puiden facer o deseño de imaxe gráfica e contidos. A finais de decembro a peza “S.A.E.” é recoñecida no III Certame de Videocreación da USC de Lugo co premio á mellor linguaxe visual.

 

2020

“Un día Normal” e “Benvidas ao club” continúan a ser proxectados en actividades culturais como o IX Ciclo de Cine Social de Segovia e, logo de varias cancelacións debido á pandemia, “Un día Normal” é ofrecido online de xeito gratuito apoiando o #EuQuedoNaCasa. Posteriormente será seleccionado no 5º FICNOVA e parte da selección oficial do Festival de Cine Documental Alcances de Cádiz, en cuxas actividades participo dixitalmente xunto a outros directores e rodeada de directoras na mesa redonda organizada por A.A.M.M.A. Posteriormente participará cara finais de ano na sección oficial da Semana Internacional de Cine de Lugo.

Na web pódense ler novos relatos: “Un intre para sempre”, o máis breve “Justicia Poética”, do que tamén se puede ver unha versión recitada no salón da miña casa, ou o “Haiku do confinamento”, versión audiovisual para esos tres versos abraiados na emoción ante a natureza. A mediados de Xuño presento a colección de 10 láminas de Mujeres Memorables Poco Recordadas, ilustracións á venta a través desta web e que están presentes a finais de ano no Encontro de Fanzines e Autoedición de Lugo.

O día 22 de Outubro estreo online “Persoas S.A.”, documental realizado sen orzamento algún pero que conta co apoio de asociacións como ARELAS. Con grande éxito de público e repercusión mediática este traballo xa está a ser proxectado en centros educativos da península e dos EEUU. A finais de Decembro participo con “Artefacto” no 2º Certame de Videocreación da USC de Lugo, recollendo o premio Araceli Herrero á mellor comunicación.

 

2019

Comezo actividades parolando sobre arte, tamén dentro do campo docente desenvolvo un curso que xira en torno aos coidados feministas a partires de experiencias artísticas e que ten lugar en cinco sesións dentro do espazo creado por Aliad-Ultreia.

“Benvidas ao club” é premiada no Festival de Málaga, dentro da sección Afirmando los Derechos de las Mujeres, proxéctase así mesmo en diversos festivais e actos, como a 22 edición do Festival de Cans. Outros traballos audiovisuais previos participan tamén en eventos como o Creative Commons Film Festival de Valladolid.

Ao longo do ano desenvolvo outras propostas creativas, como a introducción á banda deseñada de “Vegeto heroína”, cartelería para accións de ámbito social ou pequenas ilustracións dixitais que únense a unha renovada web. Cara finais de ano o documental “Un día Normal” é seleccionado no The 7th Art Festival de Miami (USA), e estreado en Lugo xunto ás grandes protagonistas femininas. Tamén por estas datas o vídeo “Dalle a volta” gaña ex-aequo o premio CibeRespect da ONG Ecos do Sur ca Xunta de Galicia.

 

2018

“Atenas. Meeting Point” é seleccionado nalgúns festivais ao longo do ano xunto a “1948-2016. Un final para empezar” aos que se une o documental que estreo en outubro en Lugo, “Benvidas ao Club”, froito do contacto coa Plataforma Contra a Impunidade da Carioca. O documental foi ofrecido en primicia por Diario Público e proxectado en varios puntos de Galicia.

Traballo con diversos formatos, desde o deseño gráfico ata o vídeo empregado nun encargo que me leva a meterme en covas e ser testemuña de achados arqueolóxicos. Continúo experimentando ca ilustración dixital e autoedito un fanzine para distribuir nas datas en torno ao 8-M.

Abro unha sección de tenda na web, con deseño para estampado textil, fotografía decorativa, láminas ou edición de vídeos. Retomo os obradoiros sobre arte nos centros educativos e remato o ano xunto ás artistas Ana Gesto, Peque Varela, Alicia Puchades, Iria Ribadomar, Andrea Costas, Xulia Vicente, Renata Otero, Xoana Almar, Mónica Alonso, Uqui Permui e Carme Nogueira, compartindo meses na Axenda Feminista Galega que edita o Observatorio da Mariña pola Igualdade.

 

2017

O ano comeza como rematou o anterior, novas seleccións de “1948-2016. Un final para empezar”, a nivel estatal e latinoamericano. O devandito documental proxectarase en actividades organizadas en Galicia, como a que pechará o ano coa Asociación Nós Mesmas, en Vigo. Tamén o documental “De cara ao Miño” proxéctase con charla-coloquio da mao de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia), en Lugo.

Ademáis do soporte audiovisual continúo a traballar ca fotografía e o deseño gráfico, facendo incursións na ilustración e continuando o proxecto de banda deseñada dixital de “Edelmira e Manuela”. A finais de ano a serie fotográfica con audio, “3+1=CUNETA”, é seleccionada no certame Plastika17 organizado pola Sala Apostrophe en Vigo e cun xurado formado por Thomas Apostpulou, Paula Cabaleiro ou Elena Bangueses entre outras figuras.

En xullo desprázome a Atenas e da experiencia en torno á crise dos refuxiados e a súa realidade no barrio anarquista da capital xurde o documental “Atenas. Meeting point”, que presento en outubro en la Galería Isköo.

 

2016

Combinando o activismo con traballos propios e encargas privadas, desde o deseño gráfico ata o vídeo. Neste último soporte grabo o documental “de cara ao Miño”, que se estrea en febreiro na Sala Sargadelos e relata o movemento vecinal lucense fronte a un abuso económico e ecolóxico en torno ao río.

En abril sproxéctanse dous dos meus traballos no Humus Film Festival, en La Casa Encendida de Madrid, “Ás 20.30 hrs” é premiada como mellor curta en categoría fantástica. O 30 de setembro estreo en Lugo o documental “1948-2016. Un final para empezar”, que a finais de novembro é seleccionado e proxectado na Mostra Internacional de Cine Documental Central-Doc en Tlaxcata, México.

Ao longo destes meses comenzo a empregar a ilustración máis a miúdo e experimento ca banda deseñada nas tiras de “Edelmira e Manuela”. A fotografía ocupa outra parte importante do ano, traballos para silueteado e publicación, de catálogo ou fotografías seriadas que xurden tanto da cotidianeidade como das viaxes, pódense ver na web e están é venda. Publico un artigo sobre arte na revista mexicana “Flotante Mag” e a fotografía “De mulleres” na estadounidense “Mokasen Press”.

A actividade social mestúrase de novo coa presencia política nas eleccións de xuño, as miñas últimas aportacións públicas a En Marea na campaña electoral. Por esas datas “de cara ao Miño” é causa directa dunha citación nos xulgados cunha petición económica e a retirada do vídeo de internet, finalmente o vídeo é público e ningunha petición foi máis aló.

 

2015

En maio inauguro “Mentireira” na Galería Isköo, unha exposición multidisciplinar na que se explora a mentira da realidade. Neste mesmo espazo colaboro, por segundo ano consecutivo, na exposición colectiva e na poxa “Arte por Amor II” a favor de causas sociais na cidade de Lugo. Dentro da provincia a curtametraxe experimental “El ambiente natural del señor Sombra” é proxectado no Festival de Cine de Música de Roca, en Guitiriz.

A creación multimedia convírtese en cultura libre, campos interrelacionados e especialmente interesantes que me levan a proxectos como “O conto que nos contan – El cuento que nos cuentan”, cuxa única plataforma de exhibición é a rede. Outras pequenas creacións seguen este camiño, debuxos, fotografías, traballos de deseño gráfico… e vídeos, como a “Intervención Publicitaria”, adicada ás autónomas, emprendedoras, cooperativistas e demais persoas fronte ás grandes superficies comerciais.

Paso por varios centros educativos con charlas interactivos nas que se fala de cine e fotografía, desde perspectivas históricas, técnicas, estéticas… O proxecto “Outras Miradas” pecha a actividade docente con trece sesións sobre arte e cultura que desenvolvo ao abeiro do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela. Sempre compaxinando con traballos de deseño gráfico e fotografía para proxectos alleos.

A actividade social remata por devir en presenza política e, de cara ás eleccións xerais do 20 de decembro, son candidata ao Senado con En Marea, como independente e compartindo traballo con moitas compañeras ás que coñecera nas asembleas do 15-M.

 

2014

Ca mirada posta na (super)vivencia económica a partires da creación, compaxino traballos de deseño gráfico, fotografía comercial ou audiovisuais, con obras máis personais nas que combino tamén estas ferramentas con soportes plásticos ou a reciclaxe.

En marzo deste ano desenvolvo unha instalación artística nunha das salas do Centro de Artesanía e Deseño de Lugo, un traballo no que percorrer un camiño feminista aberto a todas as miradas e que combina o reivindicativo co social e histórico, “Unha é todas” (“unha somos todas” ou “unha e todas”). En xuño deste ano emprego un espazo de “La Antigua Botica”, comercio local orientado á arte floral, para levar a cabo unha exposición urbana na que prima o interese pola toma dos espazos, unha exposición sobre “Resilientes”, a naturaleza e os seres humáns que resisten y renacen da crueldade inherente aos nosos devires históricos. Algunha outra pequena mostra de traballos na ciudad, en recunchos que orixinalmente non teñen esta finalidade, mantendo o interese por compartir espazos con outras creadoras e achegando as creaciones a públicos diversos e espazos da cotidianeidade alonxada da arte.

En mayo, a peza “Etiquétame” é finalista do Premio Nacional Canal+ a la Mejor Videocreación, namentres preparo outros traballos en vídeo e continúo cos obradoiros sobre a linguaxe cinematográfica e a súa relación cas belas artes, charlas e clases impartidas con asociacións, centros educativos e outros lugares de formación. Titúlome como Técnica Superior en Producción de Audiovisuais e Espectáculos, aproveitando as viaxes para la realización de fotografías e a continua formación que o mundo nos ofrece.

 

2013

Asentada de forma máis estable arredor de Lugo, mantendo a miña residencia habitual no rural, comenzo o ano participando na exposición “Fotogramas” xunto a María Martínez e Lucía Torres, na galería coruñesa Etimoe. Continúa comisariando e participando na exposición colectiva e multidisciplinar “8-Mulleres” para o Centro de Artesanía e Deseño e Lugo, que inclúe a produción dun espectáculo que combina música, danza e poesía e que serve de inauguración do proxecto. Expoño tambén en Ribadeo xunto á cesteira Lola Tourón baixo o título “Unha ollada cesteira”, mostra que retomaremos a finais de ano en Lugo. Participo na exposición “Autómatas del consumo” organizada pola Galería El Taller en Santiago de Compostela e na Gala de Axunica, no Club Clavicémbalo de Lugo xunto a artistas como Isabel Risco ou o Leo i Arremecaghona.

A participación en diversas asembleas sociais da cidade continúa sendo activa, aportando persoal e profesionalmente a través de artigos, pezas e organización de eventos. Para a Asociación A Cova da Terra organizo o I Outono das Artes Sociais, un trimestre que inclúe exposición colectiva, certame de micro cortos, concertos, obradoiros e proxeccións, co broche final dun concerto dobre co Germán Díaz e con Sés en versión acústica. Compaxino estas actividades co deseño gráfico e a edición de pezas de vídeo por encarga.

 

2012

As charlas sobre Artes Visuais en centros educativos convírtense nunha actividade extraescolar vinculada cas horas lectivas, clases de “Lenguaje Audiovisual aplicadas a las Ciencias Sociales”. A finales deste ano monto a exposición fotográfica “De pólas e follas”, que ten lugar na Carpa de ArteNadal de Lugo, editando un libro-catálogo baixo o mesmo título.

Continúo ampliando a miña formación profesional, desta volta iniciando o ciclo medio a distancia de “Produción de Audiovisuais e Espectáculos” na Escuela de Imaxe e Son de A Coruña.

 

2011

Resido durante sete meses en Portugal, preto de Lisboa, onde aproveito para obtener el Diploma “Competências Básicas em Tecnologias da Informaçao” e finalizar a escrita da que será a mi ña primeira novela curta, “Lágrimas Blancas” que autoeditaré a finais de ano e cuxa presentación terá lugar na Galería Iskoö, en Lugo.

Resido o resto do ano nunha aldea da provincia lucense e, como nestes últimos tempos, volto en reiteradas ocasións a Lugo. Respondendo ás miñas inquedanzas no campo da formación aproveito para dar charlas de “Introdución ao Cine” e “O Cine e as Belas Artes” a alumnos de 1º a 4º de ESO, actividade que veño desenvolvendo desde 2005.

 

2010

Nos primeros meses de 2010 viaxo polo continente americano, instalándome por tres meses en Nova Orleáns (EEUU) en calidade de artista-residente na The NOLA Art House, onde convivo xunto a creadores que traballan en torno á exhibición de arte social, tendo importantes problemas cas autoridades que dan lugar a un grande apoio por parte da comunidade artística da ciudade. Finalizo o ano en Lugo traballando como Coordinadora de Voluntariado do Xacobeo en Lugo e estando, como é habitual, vinculada a proxectos de interese artístico e social.

 

2009

En xaneiro múdome a Berlín, onde resido o resto do ano, e onde traballo durante uns meses como aprendiz na galería Gods Dogs, dos artistas Ron e Britta Helbig, axudando na preparación do seu proxecto para a Berlinerkunstsalon e organizando e participando xunto a outros compañeiros a mostra “Knochenarbeit”.

Durante esta experiencia en Alemaña tomo contacto con Hannelore Fobo e Evjenig Kozlov, para quen edito algún pequeno vídeo que mostra a obra pictórica do coñecido artista ruso. Ademáis organizo xunto ao meu irmán, o deseñador gráfico Gonzalo Pérez González, residente en Berlín, a mostra Multidisciplinar “de Espaldas y Almas” na Asociación A Cova da Terra e coa participación de varios artistas de diferentes nacionalidades.

 

2003- 2008

Estudio na Universidad de León o título propio de “Cinematografía e Artes Visuais”, para finalizar a diplomatura finalmente no Centre d´Estudis Cinematogràfics de Catalunya en “Realización e Guión Cinematográficos”

Nestes anos fundo xunto a amigos e cineastas o Grupo Audiovisual Amosega, traballando como produtora, directora e guionista en proxectos documentais como o Festival SonGaliza así como no derradeiro ano da Marató de l´Espectacle.

Durante este tempo compaxino proyectos propios e alleos: formo parte do grupo de guión “Los manchados”, tutorado por Míchel Gaztambide; finalizo a miña última curtametraxe en Barcelona, “La imagen del secreto”, rodada en 16mm e posteriormente seleccionada nalgúns festivais. O meu derradeiro traballo na ciudad condal será a axundatía de dirección de “La lona”, en 35mm e dirixida por Jaime Serrano, que recibe numerosos premios ademáis de ser preseleccionado para os Goya 2011.

Participo reiteradamente en rodaxes exercendo de script cas productoras Grup Cinema Art y Escándalo Films, tamén en videoclips como “Se cae la tierra” de Chamito Sound xunto a Amparo Sánchez ou “El Cartero” de Manos de Topo e dirixido por Kike Maíllo. Así mesmo traballo dentro dos equipos de produción doutras empresas e como documenatlista e guionista no proyecto “Disharmony” de RGB Productions.

Entre estudos y proyectos aproveito para viaxar e por primera vez vinculo esta experiencia a colaborar cunha ONG, neste caso vivindo nunha pequena ciudad venezolana del estado Aragua. E organizo, entre outras actividades, a Semana Curta Calma Chicha, un festival de proxección de audiovisuais no que así mesmo presento o documental “Palmas”, producido pola Asociación Gitana de Lugo.

 

1985-2003

Nazo en Lugo, curso o bacharelato de Artes desenvolvendo necesidades innatas e apre(h)endidas no mundo, comezo a me sumerxir na creación e a expresión tanto plástica como escrita.

2023

SELECCIÓNS (“Alex and Munchie”)

Directed by women, Spain.
4º Festival de la Crítica cinematográfica de Caracas

SELECCIÓNS (“Nun tempo de horta”)

26 Festival de Málaga. Sección oficial cinema cocina.
Galica en curta. Ciclo de Cinemas Ocultos.

 

2022

PREMIO

II Premio Pinto e Maragota pola novela ‘Estranxeiras’ (Ed. Xerais)

SELECCIÓNS (“Nun tempo de horta”)

Biophilia International Film Festival.

Seoul International Food Film Festival (SIFFF)

OUFF 27, Ourense Film Festival.

Festival Internacional de Cinema Ambiental Serra da Estrela
8º Festival de cortometrajes Cortogijón.
Rural Affinity Film Festival Andalucía RAFFA.

SELECCIONES (“Camiñando”)

MARXE Festival Internacional de Videopoesía (Vigo, Famalicao).

 

2021

PREMIO (“S.A.E.”)

III Certame de Videocreación da USC de Lugo, Premio á mellor linguaxe visual.

SELECCIÓNS (“Persoas S.A.”)

Lift-Off sessions 2021, Pinewood Studios.
FilmÓptico International Art Visual and Film Festival, Viridiana TV.
43 Semana de Cine de Lugo.
OUFF 26, Ourense Film Festival.
Al Borde. Festival Internacional de Cine Transfeminista. Colombia.
III Festival Internacional de Cine Austral. Argentina.
FIC lgbt El Lugar Sin Límites. Ecuador.

 

2020

PREMIO (“Artefacto”)

2º Certame de Videocreación da USC de Lugo, premio Araceli Herrero á mellor linguaxe comunicativa.

SELECCIÓNS (“Un día Normal”)

52º Alcances. Festival de Cine Documental de Cádiz.

5º FICNOVA Festival Internacional de Cine de la No Violencia Activa.

XLII Semana Internacional de Cine de Lugo, sección oficial.

 

2019

PREMIOS

Biznaga de Plata Afirmando los Derechos de las Mujeres. Festival de Málaga (“Benvidas ao club”)

I Concurso de Vídeos CibeRespect. Ecos do Sur-Xunta de Galicia-Concello de Arteixo (“Dalle a volta”)

SELECCIÓNS

6ª ccVAD Valladolid Creative Commons Film Festival (“1948-29016” e “Benvidas ao club”)

XVI Festival de Cans – Sección Ultravioleta (“Benvidas ao club”)

The 7th Art Festival, Miami, EEUU (“A Normal day”)

 

2018

SELECCIÓNS

VI Festival Cortometrajes Diputación de Jaén contra la violencia de género. Sección Panorama (“Benvidas ao Club”)

FLOP Festival, Pontevedra. (“1948-2016”)

SELECCIÓNS (“Atenas. Meeting point”)

Paraná Internacional Film Festival, Argentina.

40ª Semana Internacional de cine de autor de Lugo, sección cine galego.

II SANFICI Festival Internacional Cine Independiente de Santander, Colombia.

 

2017

EXPOSICIÓN COLECTIVA

“Plástika 17″, Galería Apóstrophe, Vigo (obra fotosonora 3+1)

SELECCIÓNS (“1948-2016”)

XXXIX Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo.

V Festival Internacional de Cine de Ituzaingó, Argentina.

VII festival Visualízame, Fundación Inquietarte, sede de Jaén.

17 Muestra Internacional Cine y Diversidad Sexual, Valladolid.

 

2016

PREMIO

Mejor corto categoría fantástica: Humus Fest, La Casa Encendida, Madrid. (“Ás 20.30hrs”)

SELECCIÓNS

1ª Muestra de Cine Documental Central Doc/TLX, Tlaxcala, México. (“1948-2016”)

Humus Fest, La Casa Encendida, Madrid. (“Señor Sombra”)

 

2015

EXPOSICIÓN INDIVIDUAL

“Mentireira”, Galería Iskoö, Lugo.

EXPOSICIÓN COLECTIVA

“Arte por amor II”, Galería Iskoö, Lugo.

SELECCIÓN

Festival de Cine de Música de Roca. (“El ambiente natural del señor Sombra”)

 

2014

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS

“Resilientes”, La Antigua Botica, Lugo.

“Unha é todas”, Sala de exposiciones Capilla de Sta María, Lugo.

EXPOSICIÓN COLECTIVA

“Arte por amor”, Galería Iskoö, Lugo.

FINALISTA

Premio Nacional de Videoarte Canal+. (“Etiquétame”)

SELECCIÓN

Festival de corotmetrajes PECCA, Asociación DeFrente, Sevilla. (“Etiquétame”)

 

2013

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS

“Unha ollada cesteira”, Amodiño, Ribadeo.

“Autómatas del consumo”, Galería El Taller, Santiago de Compostela.

“8-Mulleres”, Sala de exposiciones Capilla de Sta. María, Lugo.

“Fotograma definido”, Etimoe Gallery, A Coruña.

FINALISTA

Premios Creación e Medioambiente de ADEGA, Galicia. (“Ás 20.30hrs”)

 

2012

EXPOSICIÓN INDIVIDUAL

“de Pólas e Follas”, Carpa ArteNadal, Lugo.

 

2011

Publicación da novela corta “Lágrimas Blancas”, Editorial Lulu. (Autoedición)

 

2010

Artista residente en The NOLA Art House, Nueva Orleáns, EEUU.

EXPOSICIÓN COLECTIVA

“De espaldas y almas”, Asociación A Cova da Terra, Lugo.

 

2009

EXPOSICIÓN COLECTIVA

“Knochenarbeit”, Galería Arte Veni GOD´s DOG´s, Berlín, Alemania.

SELECCIÓNS (“La imagen del secreto”)

Festival Vues d´en Face, Grenoble, Francia.

Sección OFF de Zinegoak, Euskadi.

Festival del Sol de las islas Canarias.

Festival Internacional del Mar de Cinema Gai i Lèsbic de Mallorca.

 

Previos

SELECCIÓNS

2ª edición de TIKINó. (“Palmas”)

Mostra Semana Curta Calma Chicha. (“Palmas”)

I Xornadas de Maxisterio de achegamento ó Traballo Social. (“Palmas”)

Proxección na Marcha Mundial das Mulleres, Ciclo Mulleres, organizado por Espazo Galego, Barcelona. (“Palmas”)

Formación Académica

– Produción de Audiovisuais e Espectáculos

Escola de Imaxe e Son, A Coruña. 2013

– Diplomada en Dirección e Guión Cinematográfico

Centre d´Estudis Cinematogràfics de Catalunya, CECC, Barcelona. 2007

– Artes Visuais e Cinematografía (1º e 2º)

Universidad de León, Campus de Ponferrada. 2005

– Bacharelato, modalidade de Artes

Instituto Sanxillao de Lugo. 2003

 

Idiomas

Nivel nativo GALEGO

Nivel nativo ESPAÑOL

Nivel alto INGLÉS

Nivel alto PORTUGUÉS

Nivel medio FRANCÉS

Nivel baixo CATALÁN

Comprensión media ALEMÁN