No OUFF 26 con ‘persoas S.A.’

No OUFF 26 con ‘persoas S.A.’

Hai festivais e Festivais. E non ten que ver co tamaño, co orzamento, co público ou ca repercusión… aínda que o Ourense Film Festival cumpra, tamén, nestes parámetros. Os Festivais coidan as proxeccións, cóidannos tamén ás pequeniñas, ás que case nin producións nos podemos chamar (porque imos polo mundo sen orzamento, só co traballo artesanal e amado dunhas poucas persoas). Por iso estou moi agradecida ao OUFF, foi moi guai poder estar por Ourense con ‘Persoas S.A.’, outra miguiña máis por un mundo diverso no que as persoas LGBTIQ sexamos. Así de simple, sérmonos nós mesmas no mundo.

Gracísimas Ourense polo agarimo e o bo trato.