28 Nov Diversidade Afectivo Sexual nas Series de TV
Esta fin de semana tiven a sorte de poder participar nestas Xornadas organizadas por LesCoruña e o Concello de A Coruña. Compartir espazo con Paco Tomás, Fernanda Tabarés e Antonio Hernández… ben, foi un luxo . Agradecida por elo, e consciente do meu papel nas marxes da creación audiovisual, só puiden prantexar a miña intervención dende a perspectiva de espectadora.
Contextualizando no espazo e no tempo, revisitando as olladas invisibles das que fala Alberto Mira, as edicións de vídeos fandom e os ‘shippeos’, pensando na miña eu adolescente, e no que fliparía se soubese que agora mesmo non son quen de nomear nin a metade dos títulos con personaxes LGBTQIA+.
Comezando polo tanto dende ese concepto de invisibilidade, do que creo que moitas persoas das máis novas xeracións non son de todo conscientes, con todo o bo que iso implica -e tamén cos riscos que conleva esquecer unha realidade tan próxima, tanto no tempo como na xeografía-. Pero… con todo o bo que iso implica.
Sabendo que, finalmente, todo isto non ten que ver só coas nosas miradas, por máis que estas foran o eixo central da intervención. Ten que ver, case diría que por riba de todo,co poder do audiovisual mainstream para xerar modelos de conduta. Para espallar coñecementos e con eles empatía, respecto… e desfrute!
Desfrute dende unha perspectiva crítica. Sabéndonos nun camiño no que aínda quedan moitos pasos por dar, moito por mellorar.