documental Tag

Nestes días eu son desa parte da poboación que fica na casa. Seguirá sendo así un tempiño pase o que pase porque non traballo na sanidade, na alimentación, na recollida de lixo ou noutros deses sectores imprescindibles para a continuación digna das nosas vidas.

Son das que ten auga potable saíndo pola billa, electricidade, conexión a internet, comida, roupa, unha cociña quentando a casa… unha privilexiada.

(more…)

E quixemos que, como en cada día do cotiá, o noso amor estivera por riba de calquera odio. Unha chamada á empatía, á cooperación fronte aos fascismo e un brinde pola diversidade que nos une. Enchemos a Deputación e non vos podedes perder o final, co público acompañando, da actuación de Ángeles Tejeiro (Coco), arroupada polas protagonistas que nos puideron acompañar (ás que están lonxe mandámoslles agarimos). Gracísimas! Foi incrible.

(more…)

Hai lugares nos que a dilatación gravitacional fai que o tempo transcorra a diferentes ritmos, a sala Ingrávida, en O Porriño, é un deses espazos e podedes ver a súa programación na súa web. Adicada ao mundo multidisciplinar da creación para ofrecérllela ao mundo, que somos nós, a sala acolleu tan ben como as persoas que lle dan sentido. Onte estivemos por alí vendo e falando sobre “Atenas. Meeting point”, sobre esa realidade sociopolítica tan complexa e inhumana que está a deixar feridas que nunca van curar, que morrerán con quen as leve e deixarán a súa pegada na historia, na parte máis triste dela.

(more…)

Co gallo da estrea do documental “Benvidas ao Club” comparto as impresións da Plataforma Contra a Impunidade da Carioca.

(more…)