Orgullo en Lugo

Orgullo en Lugo

Hoxe é un día de ORGULLO, eu vouno festexar por todo o grande. Hai moito onde escoller, actividades institucionais, mostras do tecido asociativo, memoria histórica, cultura… quen nolo ía dicir hai unha década? 🖤🤎💜💙💚💛🧡❤️


Eu vou estar a varias cousiñas, das transpositivas e diversas, claro. Se vos presta, vémonos!
⏰ Ás 12.00 estou no directo de Dot, en #UnaCervezaConDot, deixarei a miña abstemia momentaneamente de lado mais prometo vocalizar a tope 😅
🕰 Ás 18.00 únome ao roteiro sonoro do Colectivo Agrocuir, e sobre as 19.30 seica estaremos polo Campo Castelo con Marta de Granxa Maruxa… un flashback que promete
⏱ Ás 20.00 mani. Porque hoxe é día de festexo da reivindicación e porque seguimos reivindicando os dereitos humanos da persoas trans, máis aló da teorías tránsfobas e da transfobia que vai da extrema dereita ata certos feminismos. #OrgulloTrans
⏳ Ás 21.00 ‘Persoas S.A.’ por fin se estrea en Lugo, onde naceu, ca organización de Vicepresidencia da Deputación a través da Rede Museística Provincial de Lugo. Imos estar no acto algunhas das artífices, non volo perdades!