Sementes

Sementes

As sementes son, para moitos, un problema necesario. Mais non é hoxe día de afondar nas inmorais prácticas industriais de sectores como o farmacéutico ou o alimentario, non é día de repasar lexislacións políticas ou persecucións da benemérita. Hoxe toca se marabillar ca realidade más diversa, complexa e ao mesmo tempo sinxela. A tecnoloxía que fai posible a vida tal e como a concebimos. Unha antiquísima inspiración para artistas, enxeñeiras, científicas ou cociñeiras.


Este verán comecei unha nova caixa arquivadora con sobreciños feitos de papel reciclado. Son moi de caixas, algún día fálovos da que é o meu estudo de cores. Neste caso que nos ocupa, a nova caixa é para a soberanía da horta que nos alimenta, é dicir, unha caixa arquivadora de sementes. Ao tempo que a ía enchendo, fun facendo tamén algunha foto.

Velaquí, por orde de aparición, o ruibarbo, os rábanos, o salsifí e a xudía baixa. Por conservar unha gama cromática e facer a combinación de catro formas moi diferentes cuxo obxectivo último é o de xermolar.