Que peche Alcoa

Que peche Alcoa

#QuePecheAlcoa #AxudasAoSustentable #PlanRenoveNonRenova

☘️🐞Esta é Rachel Carson e foi a precursora do movemento ecoloxista.

Carson diríanos hoxe, deixade que peche Alcoa, esixide que marche ca súa merda e asegurádevos de que non volva.

O modelo de negocio de Alcoa, explotación e contaminación dos recursos naturais da Mariña e reforzo do patriarcado no laboral, só trouxo dependencia no económico e velaí están os traballadores… dependentes. E precisan axuda pero non comparto para que a procuran, e tamén por eso creo que precisan axuda.

Rachel Carson apostaría por deixar de dar subvencións e incentivos a empresas que aceleran o cambio climático e a desaparición da biodiversidade (lembremos onde estamos e porque 😷). O único modelo de futuro, para todas, é a creación dun modelo económico feminista para a Mariña. Feminista é aquí sustentable, ecolóxico e que cre postos de traballo non discriminatorios, claro.

Rachel Carson enfrontou insultos, ameazas e violencia por parte da industria agroquímica e dos seus lacaios, nembargantes gañou un xuízo que salvou moitas vidas. O meu tributo hoxe ás asociacións ecoloxistas que están a dicir o que moitos calan por medo(s).

Asociación Ecoloxista ADEGA sacou este informe sobre Alcoa: https://adega.gal/novas.php?id=992&idioma=gl&sec=7
Greenpeace España este artigo sobre as axudas Covid en EU: https://es.greenpeace.org/es/noticias/salvar-europa/
Ecologistas en Acción esta reflexión sobre o plan renove: https://www.ecologistasenaccion.org/…/el-plan-renove-anunc…/

E a Rachel Carson tédela aquí xunto a outras 9 Mulleres Memorables Pouco Lembradas:
http://carmenpggranxeiro.com/gl/creacion/ilustracion-y-vinetas/mujeres-memorables-poco-recordadas/

Tags: