Unha lembranza aparecida

Unha lembranza aparecida

Atopei unha montaxe fotográfica de fai uns oito anos. Non existe xa dixitalmente e malia todo aquí está, costume de conservar certas cousas sen importancia en papel.

Pensaba daquela na polución e velaquí estamos, con virus dos que nos protexer e pensando en nós mesmas coma virus.

Empregando a(s) facultade(s) que nos permite(n) reflexionar, hoxe no aplauso das 20.00 hrs. voume ocupar mentalmente dos movementos ecoloxistas e científicos que levan décadas anticipando colapsos dos ciclos naturais que nos fan posibles. Sen esquecer, por suposto, ás persoas nas que sempre penso… as que nos alimentas, as que nos coidan, as que nos curan, as que nos manteñen espertas, activas, constructivas, creativas… as que manteñen a(s) vida(s) sostible(s).

Bo día confitado queridas xentes!

PD.: para que non emprega redes socias estes contidos están a ser compartidos no blog.
http://carmenpggranxeiro.com/blog/