NA SALA INGRÁVIDA

NA SALA INGRÁVIDA

Hai lugares nos que a dilatación gravitacional fai que o tempo transcorra a diferentes ritmos, a sala Ingrávida, en O Porriño, é un deses espazos e podedes ver a súa programación na súa web. Adicada ao mundo multidisciplinar da creación para ofrecérllela ao mundo, que somos nós, a sala acolleu tan ben como as persoas que lle dan sentido. Onte estivemos por alí vendo e falando sobre “Atenas. Meeting point”, sobre esa realidade sociopolítica tan complexa e inhumana que está a deixar feridas que nunca van curar, que morrerán con quen as leve e deixarán a súa pegada na historia, na parte máis triste dela.

Pero sen entrar aos detalles déixovos só un par de malas fotos feitas co teléfono e este vídeo, de igual mala calidade pero que, creo eu, perdoada pola alegría do seu contido. Na proxección do docu estivo Gabriel, unha persoa que compartiu con tódalas presentes a súa historia migratoria e que agasallou ao público cunha peza que pechou o acto e da que quixo resaltar o título: Smile. Pois iso, con desexos de sorrisos evolucionarios e conscientes, agradecida a toda a xente da Ingrávida e do Rebobina Cineclube por aportar seu gran a un mundo mellor e a unha vida máis digna para as persoas que nos adicamos á creación. Graciñas, bicis e pedaleos.

Tags: