carmenPGgranxeiro > Blog > Unha fin de semana de cores...

Unha fin de semana de cores...

12/08/2014

IMG_9387.jpg

Teño unha colega moi especial que non sei se dentro duns anos me vai seguir considerando colega. Ten 3 anos e vive pola costa lucense. Como eu son máis de interior, mudeime. Agora teño unha colega con casa ao lado do mar, que mide máis cada vez que a vexo e que ademais acaba de ter unha irmá.

Como é tan especial, hai que lle facer visitas de vez en cando, para non botala en falta e para que non se esqueza da miña faciana pálida. 

Fai algunhas semanas fumos por alí, estas visitas tan guais fanse en parella. E como a miña colega quería unha árbore... pois empregamos os minutos baleiros para pintar, así que entre os paseos, as pelis e as charlas... quedounos un recuncho físico e temporal para facer unha árbore. 

Eu seguín indicacións e os puntos vermellos que vedes son mazás, ao pé está a porta para David el Gnomo (que é un dos habitantes desta árbore), o grifo aberto mostra o sistema de auga corrente, aínda que non se vexa na foto hai tamén un pequeno barco a vela que co vento chegou ata unha das pólas, unha fada feminista e sobre todo... moito bo rollo, reciclaxe e colocón do cheiro das pinturas.

É o que eu chamo unha fin de semana de cores.

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos