carmenPGgranxeiro > Blog > "Unha (é) todas". Quedou inaugurada a instalación.

"Unha (é) todas". Quedou inaugurada a instalación.

11/03/2014

A "Inauguración a 3 voces" deste venres foi unha prolongación da instalación, unha reflexión feminista e un convite á mofa consciente.

O espazo, que ficará aberto ao público ata o 31 de Marzo, é un percorrido crítico no que ten cabida o humor reivindicativo en torno ao machismo perpetuado polo patriarcado a través dos medios, da publicidade... do mesmo xeito que festexa a oposición a estes sistemas mediante a creación, a street art e a unión.

O emprego de diversas técnicas e soportes para a recreación deste espazo vaporoso e pechado, culmina cun son envolvente para cuxa realización contei ca voz de Iria Estévez (En Clave de Fado) e que, xunto á contrabaixista Araceli Martínez participou na inauguración da que pronto poderemosvos mostrar un vídeo.

Estades convidadas a experimentar este espazo que está aberto de luns a venres de 11 a 19 hrs e de xeito ininterrompido, na Sala Centro de Artesanía e Deseño (pavillón 4) Travesía Rúa Chantada s/n.

 

 

Fotografías: momento do peche da inauguración con Regina Polín, primeira visita guiada a un grupo na entrada da instalación.

Sin_ttulo-1.jpg

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos