carmenPGgranxeiro > Blog > Tampouco pecho a boca.

Tampouco pecho a boca.

28/07/2014

Procuro vivir lonxe de conceptos como "patrias" (ou "matrias"), así outros como "fronteiras" fican máis afastados.

Non confundir. Esta mensaxe non é de "globalización", moito menos aínda de "homoxeneización". Tamén destes termos me procuro afastar.

Pola contra, gústame entender e sentir as múltiples sementes que podo espallar polo mundo e que o mundo me transmite a min. Non pecho ollos nin oídos. Tampouco pecho a boca.

Son parte da terra na que xermolan tantas identidades como persoas, tantas como culturas. E me respecto e coñezo como sementeiro da miña propia.

Defendela cultura propia é defendelas alleas. 

Os pasos cara a diversidade son imprescindibles de cara á igualdade.

De pé. Non hai fronteiras capaces de pechalos camiños. Non hai imposicións capaces da exterminación.

Somos quen somos, ou non somos.

 

Da_das_letras_galegas_10.jpg

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos