carmenPGgranxeiro > Blog > Sobre posturas.

Sobre posturas.

30/08/2015

Sobre posturas fálase moito, e falar está moi ben, malia todo o máis interesante soe ser experimentar. Eu acostumaba a mirar á nosa gata dende enriba, ese punto de vista que habitualmente vemos no cine e que tan ben se acomoda ás posturas e aos espazos percibidos dende un punto de vista occidental.

Ao_lado_asiatico_da_vida.jpg

Decidín mudar de mesa e reorganizalo espazo a unha nova altura. Pasei ao lado asiático da ergonomía, coma quen di. Agora, estando no meu lugar de traballo, pénsase máis nunha peli de Ozu.

A altura dos meus ollos baixou considerablemente, as pernas liberáronse para a expansión. A espalda alterna as posturas tipicamente yogi ca vontade de se acurrunchar en certos momentos. En realidade as posturas non cambiaron tanto, pero si o espazo que lles deixo para se expresar, antes poñíame a miúdo de cuclillas na cadeira e quedaba limitada por todos lados, agora móvome coma felina na súa casa. Un pracer ter escoitado a petición do meu corpo.

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos