carmenPGgranxeiro > Blog > Reivindicación da alegría nos movementos sociais

Reivindicación da alegría nos movementos sociais

5/06/2016

Ocorre que, a miúdo, véncenos a raiba, é unha sensación que entendo moi ben, sonvos moi paixoal e moitas veces a miña incontinencia verbal me xoga malas pasadas… vouvos mellorando, sigo aprendendo. De calquera modo aprendín fai tempo que non hai mellor xeito de melloralo mundo que facelo dende a coherencia persoal e social (económica, política, etc), mostrada a través do benestar que esta nos aporta.

O activismo violento, os ataques, o mal humor… acaban por volver en contra das loitas que nos son comúns a grande parte das persoas que as reciben e, ademais, creo que non son definitorias da realidade, alomenos non da que eu quero e creo que a maioría social desexa construír. Por eso hoxe fago unha reivindicación da alegría como ferramenta social, algo do que sabe moito un grande activista como Toni Lodeiro, cuxo libro “Consumir menos, vivir mejor”  foi no seu momento unha importantísima aportación na miña vida, na miña formación consciente.

Ocorre que, a miúdo, véncenos o cansazo, as asembleas se fan longas, as discusións parecen que nos alonxan… é unha sensación que entendo moi ben, sen embargo son tamén consciente de que, precisando os debates, precisando bágoas, raiba e malos momentos… ao final nos unen obxectivos comúns, espazos compartidos e alegrías construídas dende o conxunto e para o común.

Este sábado 11 imos facer uso desa ferramenta, ímola empregar en nós e en tódalas persoas que se queran achegar. A Plataforma Lugo de Cara ao Miño, que ven facendo un traballo veciñal de grande calado a prol do noso río Miño, sen siglas partidistas e ca aportación semanal de veciñas e veciños que o facemos cas nosas mellores intencións e esforzos, organiza para ese día unha “Fest A ceo aberto” para, tal e como se le no “flyer” que vedes na imaxe e para o que fixen a maquetación, facelo:

“Festexando: a acción veciñal fronte aos intereses privados
respectando: a contorna e a riqueza natural do Miño
desfrutando: da diversidade cultural e creativa que nos define
defendendo O BEN COMÚN”

Reivindicacion-da-alegria-como-ferramenta-social-e-festa-no-rio..jpg


A Plataforma fai asembleas abertas, é soberana e veciñal, e está a conseguir grandes logros contra os intereses privados que prexudican ao río… ás veces queda agochada fronte ás fotos de siglas partidistas, silenciada polos medios locais que prefiren nomear lonxe do poder cidadá… ás veces o traballo é silandeiro pero SEMPRE vos é activo, feito dende a diversidade de pensamento e co corazón de moitas compañeiras das que aprender e cas que aportar ao colectivo. Orgullo de xente á que retratei neste vídeo documental que vos convido a ver…

de cara ao Miño from Carmen PG Granxeiro on Vimeo.

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos