carmenPGgranxeiro > Blog > Quen dixo medo?

Quen dixo medo?

4/10/2016

Fai 7 meses subía á miña web, a través de vimeo, unha peza documental pola que o día 23 de Maio a miña presenza era requerida nos Xulgados de Lugo. Prolongouse un pouco a cousa pero xa se tiña esquecida, agora, subindo unha versión en maior calidade para que se poida ver en pantallas grandes lembro o asunto, cómpre reiterar que o vídeo non vai ser retirado da web, tal e como se pedía por parte da empresa á que se fai referencia neste.

Gustaríame poder congratularme dun grande traballo de investigación feito, sen embargo non teño ningún mérito, o descrito neste vídeo forma parte de información de carácter público. O meu único traballo consistiu en ordear e contextualizar esa información, que xa moita xente coñecía a través de diversos medios de comunicación, relacionándoa ca laboura de activismo social da plataforma Lugo de Cara ao Miño.

Este tipo de anécdotas non fan máis que suliñar a importancia do activismo social. As presións que se exercen para evitalo describen a quen as emprega, e seguirán a ser intentos frustrados de meter medo, de facernos recuar. Intentos frustrados.

Por se vos interesa, esta peza está dispoñible para visionado e descarga gratuita.

de cara ao Miño from Carmen PG Granxeiro on Vimeo.

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos