carmenPGgranxeiro > Blog > Ollarmos.

Ollarmos.

13/04/2015

Eu sei como vexo á xente, como me vexo a min… pero non sei como me ven. Do que son consciente é de que cada ollar me constrúe dun xeito, de que cada tempo e cada lugar me fan semellar alguén que son. Son tantas “eus” coma calquera de vós, somos tantos “nós” que ninguén nos coñece…

 … por iso, máis vale sabernos ver, entender, porque sen o noso propio ollar non somos nada. Os demais nos constrúen pero só nós nos facemos ser.

 Tachelles_70.gif

Esta foi unha mirada dun pintor, dun colega ao que visitaba de vez en cando no sei estudio de Tachelles, dun tipo moi curioso que me vía como unha pequena que non paraba de ollar a través do obxectivo. Creo lembrar que se chamaba John, non era importante o dos nomes, importaba a música en escenarios improvisados, a pintura no chan, as tizas cas que me gustaba rodear todo o que había nel, os grandes formatos que penduraban das grandes paredes voltas á vida logo das bombas.

Tachelles_70.jpg

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos