carmenPGgranxeiro > Blog > O 3M en Lugo

O 3M en Lugo

28/02/2019

web2.jpg

Quedan tres días para o 3M, a previa galega á folga do 8M. O ano pasado foi en Vigo e daquelas preparei uns fanzines, aquel día foi este. Como o 8 fago folga en tódolos sentidos será este domingo, logo da manifestación que percorrerá as rúas de Lugo, o día no que estarei cun posto de ilustración feminista asequible para tódolos petos e que será unha axuda máis para poder seguir facendo proxectos independentes como Benvidas ao Club, por exemplo. Estando nesta conta atrás tomo o salón da casa e escollo láminas. Como os señores do xogo capitalista, mirando a bolsa e dándolle voltas ao mercado, con ironía feliz de clase traballadora que se acaba de erguer.

web1.jpg

web4.jpg

web3.jpg

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos