carmenPGgranxeiro > Blog > Na miña horta hai unha porta

Na miña horta hai unha porta

8/06/2014

Entre os chantos, pesados, amofados, unha porta está a velas vir. Se a cruzas, as cebolas cruxen baixo os teus pés, por eso é unha porta estática (porque queremos que as cebolas medren) Pero si, hai unha porta entre os chantos.

Na casa, a miña rapaza e máis eu facemos apoloxía das máximas "re" (recicla, reduce, reutiliza), porque non temos moitos cartos, porque non queremos sacrificar en exceso as nosas vidas por telos e porque, en realidade, fan ben menos falta do que se cre.

Entón apreciamos moito o que temos. Pero os donos da casa (porque vivimos de aluguer, claro) teñen bastante máis e probablemente aprecien bastante menos. É unha mágoa. Un día arrincaron o chanto que estaba xunto ás cebolas, sen avisar, e claro, xa nós a pensar no aínda peor que debe de andar todo para vir roubarnos un chanto.

Cando xa estaba eu a carretar (ca forza humana e co poder da roda, nada de tractores que deixan boas pegadas) outras pezas de similares características e peso... deume por cavilar que igual o importante era deixar constancia do feito e aproveitar eses "novos" chantos atopados (estaban preto do extraído, no chan, inutilizados e cubertos de herbas) para deixar ben feitos os pequenos camiños dese espazo exterior da casa. Pillei o dedo entre dúas pedras e remateime por decidir: a porta será a representación visual da situación actual.

E polo lado da nosa horta... outro día se vos conta.

 

O_que_pouco_ten..._blogue.jpg

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos