carmenPGgranxeiro > Blog > Metela pata.

Metela pata.

16/07/2015

Escribo sen vontade de mostrar(me). Escribo, escribo, escribo, as verbas non din nada, pódelo crer pero pode non ser certo. Certo sen certezas, vidas que pasan. Fago espirais de laranxa e aros de fume de marihuana, son soños que loitan cas realidades. Letras consecutivas, palabras fiadas.

Piares da terra no universo finito, estalicar os dedos e camiñar mentras estalican as dedas. Deixarse ser nos pasos, camiñar pola horta, deixarse lamber a mao, unha araña que me lembra a Louise Bourgeois, traballo sen que os demais o saiban. 

Toco a cella, abro os ollos, durmo esperta. Imposible metela pata en soños. As espirais da vida sonche outro conto, algunhas rematan en realidade. Pero as realidades sempre voltan fiar cos soños. Espirais, vou metela pata nas espirais. 

 

Metela_pata.jpg

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos