carmenPGgranxeiro > Blog > Mentireira.

Mentireira.

29/04/2015

MENTIREIRA

(inaugúrase o martes 5 de Maio, ás 20:15hrs, na Galería Iskoö de Lugo)


 mOSCA.gif

 

é unha ollada á realidade, esa que cada quen percibe ao seu xeito, esa que se crea e recrea constantemente e que deixa pegadas do inexistente.

 

é un xogo que procura cómplices de sorrisos e deixa voar moscas detrás das orellas.

 

é unha pequena reflexión en torno aos elementos, etéreos e físicos, que son base fundamental sobre a que se constrúen as realidades.

 

é unha parada nas obviedades da comunicación, na reproducción cansina de feitos constatados por si mesmos, de mentiras e verdades.

 

é un reflexo das capacidades perceptivas,cognitivas e pola tanto creadoras e creativas de cada persoa.

 

é unha verdade disfrazada de mentira, unha mentira con vontade de se facer realidade.

 

 

A realidade é unha mentireira

 

marcapxinasBLOGUR.jpg

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos