carmenPGgranxeiro > Blog > Lume Novo

Lume Novo

20/06/2017

Non creo que vos haxa moito que explicar, este ano o San Xoán: nin polo santo nin polo lume. Este ano o festexo do meu 32º aniversario será sen fume. Por primeira vez na miña historia e, probablemente, xa pra sempre.

O lume deste ano tíñao xa pensado moi morno, por así vos dicir, unha cousa máis frugal, porque as voltas da cabeza van e veñen e convencen… e que necesidade tiñamos de facer fume se non precisabamos nin quentarnos, nin cociñar. Pero a triste realidade da xestión agroforestal, da contaminación e da política, fixéronnos decidir por rematar dunha vez por todas cunha tradición que a berros pide unha evolución. Pensando, con tristeza no Portugal que fai uns anos nos acollía verde e eucaliptizado tamén con pinos.

Así que aínda non sabemos como pero temos claro que este ano na casa non hai lume, nin pequeno nin grande (que por certo esas tontas loitas de “quen a ten máis grande” xa vemos que se dan en moitos campos e en ningún ten sentido algún). Quizáis o substituamos por unha proxección de lume, quizáis, quizáis, quizáis… tantas opcións abertas, tantas posibilidades…

Convídovos polo tanto a nos replantexar xuntas, persoal e colectivamente (que xa sabemos que a data ten  moito de comunitaria), a volta evolutiva que lle queremos dar a esta tradición, que por certo xa perdera a súa esencia pagana cando a Igrexa se apropiara da festa e lla adicara a San Xoan Bautista. Pode que sexa o momento de voltar a esa orixe que rendía culto ao astro sol na noite do solsticio de verán, e rendírllelo agora ca consciencia colectiva do cambio climático, con ideas novas e refrescantes que fagan fincapé na necesidade que temos, como pobos poboando este planeta, de virar os nosos comportamentos cara vidas/comunidades/sociedades sostibles.

Ideas? Ou cada quen co seu ritual? Non importa pero espallemos a boa nova

#LumeNovoSenFume #EvoluciónDaTradicición

Lume-Novo.jpg

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos