carmenPGgranxeiro > Blog > Institucionais e outras nefastas propostas.

Institucionais e outras nefastas propostas.

24/03/2015

Non é sinxelo escribir esta entrada do blogue, as críticas, desgraciadamente, nunca son benvidas no berce de quen manexa o "cotarro". Digo desgraciadamente porque non é senon a través destas que as cousas evolúen, melloran. É por iso que eu me decido finalmente a escribir o que penso, malia que o que penso poda non gustar a aquelas persoas que teñen capacidade para cambialo.

O caso é que fai un tempo, digámolo así, dun xeito indeterminado, recibín unha chamada  telefónica na que que se me viña a propoñer traballar gratis. Ben, eu podo facer trocos, cobrar mediante economías alternativas ou cousas similares cando a proposta provén de entidades sen ánimo de lucro e sen presuposto para a devandita actividade, de colegas que me aportan a cambio traballos ou tempo seu, por exemplo. A proposta viña dunha insitución lucense. Unha institución que paga aos seus empregados, que ten partidas presupuestarias, que cobra impostos, subvencións, etc... unha institución que, a través desta persoa que me chama (ou quen sabe se por iniciativa dela, da igual) me propoñía pagala comida dun dos días de traballo que a proposta implicaba. Esa era basicamente a oferta.

Non vou entrar en detalles, propúxoseme, quizáis, con boa intención, quizáis con descoñecemento da situación xeral da xente do meu sector en Lugo, pode que sen malicia, pero se fixo con certo sixilo ata que quedou claro que eu non traballo gratis. A partires dese momento se me ofreceron varias actividades laborais para as que finalmente fixen un presuposto axeitado ao cal nin sequera se me chegou a respostar vía correo-e (nin si, nin non) Mirade, esto non é un ataque a ninguén, a ningunha institución, pero si que é unha chamada de atención. Estamos moi jodidas as persoas do entorno cultural (seino, en xeral tódalas persoas e de calquera entorno) nunha cidade como a nosa, pequena, que move eventos culturais limitados e na que por irba de todo hai que rivalizar con quen traballa gratis ou con outros grandes molinos de vento...

Como a cousa vai de institucións e xa que me decidín... pois imos a outro exemplo, a un deses molinos de vento neste caso representado pola Deputación de Lugo a través da TIC, escola que, construída por orzamentos públicos e facendo uso dese material que nós sustentamos, cubre a meirande parte de eventos que precisan ser gravados e editados, faino a partires do traballo de, en grande medida, alumnado, faino de xeito gratuito. Eu persoalmente non me adico a esta área, pero o podería facer, e penso na cantidade de compañeiras que perden traballo cada día, que son parte de pequenas empresas ou autónomas, que fixeron inversión en material e que están moi capacitadas e xa realizaron os estudos que así o certifican... supoño que teñen razóns para se preocupar aínda que esperemos que alomenos non lles entren no sector da BBC (bodas-bautizos-comuniones)

En fin, que estas dúas institucións, no meu caso falo de primeira man da proposta que a min se me fixo (e xa que nomeei a unha delas supoño que é xusto e, por outra banda, evidente, falar do Concello como a outra), propóñolles eu que pregunten se non me cren. Sei que me poden chover crítican e que pode que perda traballos (ou propostas de traballo gratuito) por estas palabras pero estou farta de ver a xente moi válida pasándoo moi mal. Escollemos esta cidade, aínda non nos botaron, apostamos por aportar os nosos coñecementos a este lugar que queremos facer medrar en positivo e no que queremos medrar como profesionais... apostamos pero non apostan por nós (e conste que excepcións habelas hailas i eu, ás que me tocaron, estoulles moi agradecida, persoal e socialmente). Queridas persoas que constituídes as institucións, eu non quero marchar, fago un esforzo cada mes por saír adiante economicamente nun lugar no que non é sinxelo. Creo que teño moito que aportar, coñezo a unha chea de xente daquí (que moitas veces marchan vostedes a buscar fóra) moi capaz. Se non me cren, pregunten.

Atentamente,

QR_www.carmenpggranxeiro.com.png 

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos