carmenPGgranxeiro > Blog > Historias do cotiá: Celofán vs Polímeros.

Historias do cotiá: Celofán vs Polímeros.

14/04/2014

Fai un par de semanas comezaba os preparativos dun pequeno proxecto que espero vos presentar a mediados de Maio. Trátase dunha pequena colección de postais, cunha tiradaimpresa e outra manufacturada. O caso é que, polas características das manufacturadas (que fea conseguiu o tempo que soase esta verba), precisaba algún tipo de envoltorio para protexelas na exposición ao público e durante a súa escolla.

 

Esto prantexou varias incógnitas sobre como resolvelo dun xeito coherente, co proxecto en si mesmo e co meu traballo/vida, porque as bolsiñas de plásticos varios (polímeros, que seica están de moda na industria) estaba claro que non cumprían nin o máis mínimo requisito ecolóxico. No cotiá procuro empregar o meu poder como consumidora (pouco, pero algo vos son) a prol do ecolóxico, si, pero tamén do local, do comercio xusto, do artesanal; tiven grandes guías neste proceso e teño unha moi especial agora con cuxos coñecementos e conviccións ademais de sinxelo esto é moi divertido. Agora ben, se precisaba esas bolsiñas... que opcións podería atopar?

 

Promocin.jpg

 

A procura no comercio local foi case unha odisea na que, entre outras cousas, unha vendedora prefería me vender as bolsas de polímeros (deses chungos que tardan 500 anos en se degradar) ás de celofán (máis caras, algo que supostamente sería mellor para ela). A razón descoñézoa pero argüíu incluso a explicacións incorrectas sobre os polímeros e finalmente, non tendo xa case en stock as de celofán e non habendo o formato que eu precisaba aí deixamos quedalas cousas. Mágoa que os polímeros sexan tan baratos de producir e tan contaminantes, mágoa que na industria deste estado se aposte por eles.

 

Unha mágoa porque finalmente tiven que mercar a través de internet e deixar de lado ó comercio local (ou foi neste caso o comercio local o que me deixou a min de lado?). O celofán, fabricado a partires de fibras de madeira, non é o material perfecto pero si o mellor que atopei para este caso, é algo máis caro e xa case non se fabrica (por eso o tiven que pedir a Inglaterra) pero a súa degradación é moitísimo máis rápida e saudable para todas nós.

 

Así que xa sabedes, en breves haberá unhas tiradas de postais, haberá unha presentación e unha pequena exposición multidisciplinar para acompañar tan preciosérrimo momento. E por certo, se vos da por  mercar algunha postal manufacturada... as bolsas de celofán non estarán seladas polo que serán 100% reutilizables e mesmo co seu autoadhesivo sen empregar. 

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos