carmenPGgranxeiro > Blog > Fronte a pantallas e entre persoas

Fronte a pantallas e entre persoas

4/04/2017

Estaba precisamente onte vendo unha clase online de harmónica (que lío de “h”, en inglés si, en castelán non, en galego si e máis en francés tamén, pero en italiano non e en alemán, logo de engadirlle o de Mund de diante, pois tamén a leva: “die Munharmonika) cando me chamou unha ex alumna dun curso de fotografía que din o ano pasado.

Ela quere unhas clases particulares, con horarios prefixados e ao seu propio ritmo, pero cunha persoa, eu neste caso, de diante. Eu estou ca harmónica aprendendo ao revés, pola miña conta, picando daquí e dacolá no internet e sen máis pretensións que desfrutar eu soa sen escarranchar oídos alleos.

E pensei na marabilla da diversidade dispoñible á hora de apre(h)ender, na de posibilidades que se nos abren cada día nun mundo cheo de xente creativa e que nos comparte as súas creatividades tamén para nos ensinar a facelas (que é, dalgún xeito, aprender tamén a aprecialas).

Así que, aproveitando tódalas oportunidades que se nos ofrecen para desfrutármonos máis destas vidas que temos, sigamos bailando entre coñecementos propios e alleos. Agradecida por ambos, lémbrovos que ademais de clases particulares sempre podedes organizar algunha sesión para grupos de obradoiros de foto, percorridos interactivos para pasar unha tarde vendo e falando de cine e da súa historia, de arte, de censuras… animádevos a compartir unhas sesións de intercambio de coñecementos… aprender mola !!

 

Fronte-a-pantallas-e-entre-persoas.png

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos