carmenPGgranxeiro > Blog > Forma de se lembrar, formas de se ver.

Forma de se lembrar, formas de se ver.

28/01/2015

Os derradeiros meses de 2014 adiquei parte do meu tempo a facelos agasallos de Nadal, ás autónomas é algo que nos ven moi ben porque ao fin e ao cabo... nos estamos dando traballo a nós mesmas !! En fin, bromas a parte, cando podes combinalos traballo cos praceres e os agasallos, pasan cousas fermosas.

O que a min me aconteceu neste caso é digno de análise de teoría audiovisual, e, de feito, xa é un tema sobre o que hai moita literatura escrita, aínda que eu o vou banalizar un pouco e aplicar ao tema do "unha mesma" ou "todo queda na casa". Fixen unha viaxe entre vídeos da familia, aqueles da primeira videocámara que chegou á miña casa e coa que aprendín a "gravar", e os que posteriormente fun recompilando ca miña priemiera cámara, regalo de meus avós.

O caso é que percorrín un camiño de sorrisos e bágoas, como a miña tíá calificou o seu videoagasallo, e tamén de espellos atemporais nos que a miña imaxe se reflicitía sen pudor ao longo do tempo e dos espazos. Un exercicio de reflexión e introspección non de todo sinxelo, nin de todo agradable sequera. nunca me gustou verme, ségueme sen gustar, e sen embargo sempre acabo por "actuar" (poñela cara) fronte á cámara, creo que máis por comodidade ca "Producción" que por gusto, iso si, ben acompañada, que o meu irmao non se libra dunha e o resto da familia sempre axuda e non só co tema do cásting.

Ao voltar ás imaxes dinme conta de que o xeito de gravar evolucionaou paralelamente á tecnoloxía e aos aprendizaxes que levamos a cabo dentro dela. Nos primeiros anos abundan os planos longos (de duración), algo que hoxe en día parece superado. Os aparellos electrónicos cos que gravamos eses momentos familiares lévannos agora a escoller máis os momentos, a non excedernos no tempo, é curioso poque dende o meu punto de vista podería ter sido ao revés (e quizáis aínda o vaia ser, se tecnoloxía como a que se mostra en "Black Mirror", por poñer un exemplo audiovisual, se acaba por implantar no noso cotiá e nas nosas retinas) Por outra banda eu xa case nin teño vídeos desa índole dos últimos sete ou oito anos, as fotos tomaron o relevo no apaixoante mundo das lembranzas, por sorte, porque eu son das que se queda co traballo selectivo da nosa memoria e ca capacidade (re)creadora da nosa imaxinación.

marchando_unha_de_redux.jpg

Aínda así teño que dicir que foi especialmente emocionante escoitar falar ao meu avó ou á miña Tita, as dúas persoas máis achegadas que xa non falan físicamente na miña realidade. Como emocionante foi rir e morrer de vergoña cas actuacións que faciamos ou os vídeos que gravabamos no salón da miña casa. Supoño que, como tantas outras cousas, atópase un equilibrio no termo medio. E aínda que non son moi de medias tintas, que a min me gusta ir á raíz, neste caso creo que vou quedar entre beiras... un pouco de vídeo, de álbumes de fotos, de obxectos e lembranzas materiais tamén, pero sempre, sempre, sempre... con moita imaxinación !!

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos