carmenPGgranxeiro > Blog > Eu explico, ti explicas, todas entendemos.

Eu explico, ti explicas, todas entendemos.

31/03/2014

DSC_0082.jpgApre(he)ndemos cos sentidos xa enchidos, renovámolos aires que osixenan o noso cerebro e de súpeto, nunha vida que enchen de obrigas, somos quen somos máis aló do que nos ensinan, máis acó do que apalpamos.

 

Onte remataba de ler "Pasolini", esa banda deseñada de Davide Toffolo que deixa as verbas do poeta, xornalista e cineasta, espalladas entre bocadillos que zumegan verdades... verdades que ninguén lle ensinara, que a sociedade tiña ocultado e que o ser humano apreixou malia todo. Non falo só de sexualidades, desas empregadas como "causas", desas ás que se suxeitaron tantos para dalas costas a un grande creador e intelectual, desas ás que se agarraron os comunistas italianos, os fascistas do mundo e as persoas de a pé que non rechistan perante as inxustizas.

 

Falo das realidades dun mundo que non entra nos libros de texto, nos plans educativos, nas leis que nacen caducas. 

 

Apre(he)nder. 

Transmitir. 

Experimentar.

VIVIR.

 

E con estas... eu penso no que eu transmito, no que experimento. E dou voltas a novos obradoiros e atendo hoxe unha chamada que pode supoñer un novo para a cativada dun cole. O mellor lugar para aprender, desaprender e trasmitir, só é o mellor lugar porque é o lugar onde atopalas. Pares de orellas con ollos e bocas, con mans, con poucos prexuízos e con moitas capacidades.

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos