carmenPGgranxeiro > Blog > Enmárcame.

Enmárcame.

29/06/2015

2015-06-18_11.48.03.jpg

Ecolóxicos son tamén os servizos locais fronte a aqueles que para chegar a nós precisan grandes cantidades de combustión. E moito máis lóxico é o emprego do próximo e o fomento das economías pequenas fronte ás das grandes transnacionais. Sobre obviedades non vou escribir hoxe.

Esta entrada do blogue está exclusivamente destinada a festexar o humano e a humanidade que hai tras de cada pequeno xesto no comercio local. E neste caso cando falo de local falo de moi local, de toda unha vida porque nacín en Lugo e aquí vivo de novo. As enmarcacións para a exposición de Maio trouxeron consigo grandes agasallos, deses que me chegan a miúdo de mans de profesionais varias que fan posible a miña supervivencia feliz neste mundo da creación. A Pepa e a Loli lles agradezo enormemente o trato, a atención, o traballo, e tamén este agasallo que tanto me emocionou. Enmarcáronme unha das láminas de "Mentireira" deixándoa máis bonita do que pensei que podería ser, bo gusto e cariño a esgallo, gracias polo apoio e pola presenza.

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos