carmenPGgranxeiro > Blog > E / A ntroido

E / A ntroido

8/02/2016

Segundo a Real Academia Galega: 1.- Período que, no calendario regulado polos ciclos da liturxia cristiá, precede e introduce a época de austeridade e de penitencia da Coresma. 2.- Divertimento público que se adoita celebrar neste período. Ten un fin didáctico e moralizador, que é o de censurar e ridiculizar os comportamentos libertinos opostos ás normas.

Segundo a realidade a cousa cambia. As academias, parece que polo menos todas as que nos son cercanas, habitan espazos-tempo vetustos nos que os significados dos significantes quedaron anclados namentres as palabras voaban. Pasa a miudo con verbas ás que nos custou tempo dárllelo significado propicio... por eso hai recollidas dixitais de firmas, de xeito habitual, dirixidas ás academias das linguas e ca vontade de que os seus académicos (con "o", soen ser unha grande maioría de homes de pelo branco) modifiquen definicións.

Vimos á cativada xitana explicándolle ao mundo que eles non eran "trapaceros", e fai pouco se recolectaban para reivindicar unha definición axeitada (realista) da palabra "bisexual".

Os significados son unha cousa e as definicións outra.

Pero en fin... eu hoxe escollo o disfraz de CADELA, segundo o diccionario de galego da Xunta: "muller mala e de xenio moi vivo", segundo unha das acepcións da RAE para PERRA: "Prostituta"

 

sol_por.jpg

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos