carmenPGgranxeiro > Blog > Doar sangue sen que nola quiten

Doar sangue sen que nola quiten

12/07/2016

Fun doar sangue. Sen máis, os pasos cotiás para facelo, mais sendo en torno ao mediodía a recomendación de inxesta de azúcares faise máis reiterativa. Malia todo non podo inxerir azúcares sen romper ca miña sá costume de non consumir produtos da marca Coca Cola (non é a única transnacional vetada, claro) e, como non levo a miña mochila co meu termo... decídome por auga e por facer unha suxestión ao Centro de Transfusión de Galicia, xa buscarei algo de azúcares ao saír da furgoneta.

Se vos interesa especialmente podedes ver a suxestión abaixo, redactada ás présas e con mala letra, senón vos deixo un breve resumo de obviedades:

1.- A maiores da auga, os produtos líquidos dos que dispoñen as doantes son unicamente dunha transnacional (por certo agora mesmo incumprindo no noso Estado decisións xudiciais, lexislación laboral etc... e no mundo provocando mal emprego da auga limpa en lugares nos que non sobra, desfeitas nas contornas das fábricas, etc...)

2.- Os refrescos son considerados, mesmo pola OMS, produtos pouco recomendables para a nosa saúde... parece bastante incongruente que sexan dispensados polo servizo público de saúde...

3.- O mellor de todo: hai centos de opcións de bebidas con azúcares saudables, ecolóxicas, producidas no noso entorno ou que, mesmo sendo alimentos kilométricos, alomenos cumpren con sistemas de produción éticos e respectuosos cas persoas traballadoras e ca contorna.

Habendo alternativas... por que seguir a tomar decisións negativas para todas ? A resposta virá da Xunta, do Centro de Transfusións, e agardo impaciente por ela ;

 

blog.jpg

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos