carmenPGgranxeiro > Blog > Datas e datos

Datas e datos

14/01/2015

O primeiro de todo é pedir desculpas por adiantado, non é habitual pero a fotografía que ilustra esta entrada do blogue non ten nada que ver co tema por escrito tratado. Aconteceu simplemente que me apeteceu compartir connvosco esta imaxe.

eA.jpg

En certo sentido ten lóxica. Pero cada quen que lla dea se a atopa ou quere.

O caso é que, chegado xaneiro, eu fago limpeza de  información visual, escrita e, en xeral, dixital. Almaceno datos e arquivos que podo precisar no futuro, revelo algunhas fotos persoais que resumen o ano e reorganizo tamén espazos e elementos físicos. Esto que xa é un ritual de solsticio me fai chegar tamén aos datos que resumen o ano en torno á páxina web.

Non é que os datos aporten algo máis que cifras, pero non deixa de ser satisfactorio comprobar mediante a súa lectura como o tráfico creceu ata se multiplicar por 6 dende xaneiro do ano pasado. Esto é gracias a que vós estades a ler cousas coma esta ou compartir imaxes como a de abaixo. E non podo deixar de pensar no agradecida que vos estou por  terme adicado parte do voso tempo, o ben máis prezado que sei que calquera pode ter. 

Gracias a todas, persoas de ben, polo apoio, polos proxectos, polos traballos. Porque son, para min, parte importante da vida e das paixóns. Porque me axudan a tela vida que quero, a expresalas paixóns que sinto.

 

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos