carmenPGgranxeiro > Blog > Cubismo teórico. Cubismo práctico.

Cubismo teórico. Cubismo práctico.

12/05/2014

Torso_copia.gif

 

Escribe Robert Stam na súa "Teorías del cine", que é partidario do cubismo teórico, é dicir, do uso de múltiples ópticas e sistemas de pensamento.

- Non acepto ter que elixir entre enfoques que con frecuencia me dan a impresión de ser complementarios máis que contradictorios- di.

Do mesmo xeito, eu non acepto ter que escoller un medio, un soporte ou un formato. Traballo/vivo con pracer entre imaxes fotográficas, co estatismo e o movemento, entre anacos de texturas fiadas, manchas de pintura ou liñas de grafito. Non é porque se me "dean" ben todas, nin porque as teña cultivado ca mesma atención... simplemente é así. Ese desfrute é a base do que fago, tamén do que non fago. O risco de se deixar levar polo pracer da vida/obra son os erros (pero deles xa sabemos a estas alturas que se aprende) e a miña incapacidade para acadar con cada un deles o obxectivo do bo "acabado". Sen embargo o desfrute da expresión, non sendo só base senón tamén obxectivo, está por riba de todo, o desfrute é paixón e leva a obras que están, alomenos, cargadas de significado (propio), de alma. Tamén de das ideas expresadas, do contido crítico co que vivo a miña vida.

Así, expresándome con desfrute, volto de novo á multiplicidade de formatos, ao traballo máis físico (a limpeza e recollida do espacio no que expoñer) e ao máis intelectual (o da procura de coherencia entre as ideas, as obras e os medios empregados).

Este xoves inaugúrase "Resilientes", que ten moito que ver con esa capacidade de ficar xenuínoperante as forzas externas que tenden á unificación.

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos