carmenPGgranxeiro > Blog > Comezando dende o baleiro.

Comezando dende o baleiro.

4/09/2014

Bocexos_para_blogue.jpg

 

Todo comeza co baleiro, tamén no baleiro. Átomos de non cores, os pensamentos afiados que bocexan ideas.

Hai orde en calquera caos, sen embargo no caos non son quen de atopala miña orde. Así que as páxinas fican no seu lugar. As cores se espallan no seu universo branco. As verbas... as verbas non expresan máis realidade que a mentireira (re)creada pola man logo da orde neuronal, da conversión da imaxe, da captación retinal... e fican na tinta que tingue partículas de papel, na inmobilidade do tempo capturado.

Un día, Areta subiu ao peitoril da fiestra e empurrou a tetera, Areta é unha gata negra, a tetera é un anaco de cerámica branca. O que rompeu foi un anaco dese anaco, o que se vía era o mesmo primeiro anaco. Eso xa o sabía eu, supoño que dalgún xeito todo o mundo o sabe: a realidade é unha mentireira.

Así, co xa sabido e o recentemente acontecido, quero crear realidades compartidas a partires da exposición dos elementos empregados para a creación... mostrando o que xeralmente non se quere mostrar, o proceso, o engano, a (re)creación, mostrando a mentira da realidade.

Pode que así, con Areta, teña iniciado un novo proxecto expositivo: MENTIREIRA. Ou pode que, sinxelamente, a gata negra rompera o anaco branco e eu vertera algúns pensamentos dándolles formas que realmente non teñen. 

Xa se verá.

 

"En mi soledad,
he visto cosas muy claras
que no son verdad."

Antonio Machado

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos