carmenPGgranxeiro > Blog > Axenda feminista

Axenda feminista

9/12/2018

Este vrao unha chamada alegroume a vida! Dixéronme VAS SER UN MES DA NOSA AXENDA, foi tal a ledicia que subín a unha árbore!!

(o da árbore é literal, só hai que ver a axenda)

Así vos comentaba nas redes sociais que o pasado venres asistía á presentación da axenda feminista do Observatorio da Mariña pola Igualdade, así de feliz e orgullosa porque sempre vos fun fan desta axenda e porque o traballo activista que están a desenvolver dende o Observatorio é digno de reverencia. Ademais de que a presentación en Compostela, haberá outras na Mariña estas fins de semana, foi na xenial librería feminista Lila de Lilith.

axenda1.jpg

axenda-2.jpg

Polo que, entre a ledicia e o agradecemento, este ano podo dicir que xa son unha muller de axenda, reescribindo eso ao que se viña chamando chica de calendario... Sonvos o mes de setembro compartindo espazos e tecendo redes non só cas mulleres do Observatorio senon que tamén con 11 artistas da terra que enchen os espazos da cultura de reivindicacións feministas diversas, todas necesarias. Por orde de mes: Ana Gesto, Peque Varela, Alicia Puchades, Iria Ribadomar, Andrea Costas, Xulia Vicente, Renata Otero, Xoana Almar, a que ri nas pólas da horta, Mónica Alonso, Uqui Permui e Carme Nogueira.

axe-2.jpg

axe_1.jpg

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos