carmenPGgranxeiro > Blog > Árbores ...

Árbores ...

17/04/2015

Postais_feitas_a_mao_con_moito_amor._Encarga.jpg

 

Hai cousas que fican no tempo. Comecei a debuxar e pintar árbores fai uns oito anos, foi un pouco por casualidade, porque atopei unha vellas acuarelas no rocho da miña casa familiar, pero nada é por casualidade (a non ser que todo o sexa).

As árbores son a constatación da natureza voluptuosa que nos amaina, o colo no que se mecen os nosos días. 

Se volto para atrás nas horas que me fan quen son, vexo as primeiras árbores que pintei nunha libreta que me fixen con cartón e papel reutilizado... vexo a evolución das formas e das cores, que non deixa de ser un pouco a miña propia evolución.

 

As da foto son unha encarga que entreguei hoxe, a próxima semana nacerán outras que poderedes atopar na floristería La Antigua Botica. E quen sabe se dentro duns anos... planto un bosque.

Promocional_stand_impresinBLOGUE.jpg

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos