carmenPGgranxeiro > Blog > 8M. Eu paro

8M. Eu paro

5/03/2018

Queridérrimas persoas; chegou o momento, a conta atrás está a piques de rematar, o 8 de marzo de 2018 cómpre sexa ese punto de inflexión polo que tantos movementos feministas levan traballando arreo estes últimos meses. Non vou dicir nada novo, só ratificar que eu voume sumar ao paro deste día. Súmome de tódolos xeitos que podo e secundo a sororidade que para dito día marca unha axenda de esforzo colectivo e persoal, no económico tamén.

Teño unhos fanzines preparados, feitos con moito agarimo e que seguiron un proceso creativo paralelo aos traballos variados que me van permitindo este tipo de creacións así como colaboracións con plataformas, asociacións e movementos sociais. É por iso que, malia ás ganas, desta volta o paro de consumo (nos seus dous sentidos) díctame unha coherencia que esquecera, o día 8 non podo intercambiar connvosco este traballo, polo que decidín intentar un xeito de facérvolos chegar ca colaboración puntual de pequenos comercios locais nestes días previos e posteriores. Para compartir estos fanzines cas xentes da miña cidade, Lugo, vou deixar algúns exemplares alá onde encaixen e sexan benvidos, se os atopades e vos apetece colaborar ca creación independente e feminista... vos será agradecida a axuda con moitas sorpresas no seu interior. As mesmas que atoparon as xentes que se moveron o día 4 por Vigo e que remataron cos exemplares antes da fin da manifestación que alí tivo lugar arredor do feminismo. Algunha imaxe destes fanzines compartirei na web e nas redes, mais o contido íntegro do mesmo quedará como un agradecemento exclusivo para desfrute de quen apoien esta iniciativa.

Namentres, desexando vervos nas rúas do mundo este xoves, déixovos unhas imaxes compartidas da manifestación en Vigo e cos fanzines :) Bicis e pedaleos a todas, persoas de ben.

8-M.-Eu-paro.jpg

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos